O Real Club Náutico da Coruña continúa reforzando os seus recursos grazas á convocatoria FO104/2025 da Deputación da Coruña.
No marco desta axuda, adquirimos unha embarcación neumática tipo Zodiac e 10 balizas de sinalización, que chegarán nos vindeiros días. Estes novos medios permitirán mellorar tanto a actividade da Escola de Vela como a organización de regatas.
Grazas a este investimento refórzanse aspectos clave como:
⛵ A seguridade na auga
📍 A correcta delimitación de percorridos
👨🏫 O labor de monitores, adestradores e comités de regata
Esta actuación beneficiará directamente ao persoal técnico e regatistas do Club, e indirectamente aos centos de alumnos que cada ano participan nas nosas actividades.
Agradecemos á Deputación da Coruña o seu apoio ao deporte e á promoción da vela.
#RCNC #Vela #Deporte #DeputaciónDaCoruña #Subvencións #FO104